Como funciona

Descubre quen é quen no Senado

  • O PRESIDENTE é a principal autoridade da Cámara e é elixido polos seus membros na primeira sesión plenaria que se celebra despois das ELECCIÓNS (SESIÓN CONSTITUTIVA).

  • Para organizar o traballo ao Presidente do Senado axúdanlle outros Senadores.

    A MESA DO SENADO é o órgano reitor da Cámara. Fórmana o Presidente, dous Vicepresidentes e catro Secretarios.

    A XUNTA DE PORTAVOCES está integrada polo Presidente do Senado e polos Portavoces dos GRUPOS PARLAMENTARIOS existentes en cada momento. É escoitada sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento da Cámara.

  • Os Senadores reunímonos en pequenos grupos para falar e decidir sobre unha materia concreta. A estes grupos chamámoslles COMISIÓNS.

    Como se chama a reunión de tódolos Senadores?

  • SESIÓN PLENARIA!

    Á reunión de todos os Senadores no HEMICICLO chamámoslle SESIÓN PLENARIA ou PLENO. Aquí decidimos os asuntos máis importantes.





    E que pasa nas épocas do ano nas que
    non está prevista a celebración de sesións plenarias ou cando se disolve o Senado?

  • Cando o GOBERNO decretou a DISOLUCIÓN do Senado, entra en funcionamento a DEPUTACIÓN PERMANENTE.

    A Deputación Permanente tamén actúa entre PERIODOS DE SESIÓNS, podendo solicitar que se celebre sesión extraordinaria do Pleno.

    Está presidida polo Presidente do Senado e integrada por un mínimo de 21 membros designados polos Grupos parlamentarios. Correspóndelle velar polos poderes da Cámara cando esta non está reunida.