Historia e sistema político

Unha institución con case 200 anos dá para moito que contar

  • A primeira Constitución española da historia contemporánea foi a de 1812.
    • Proclama a soberanía nacional e recoñécelles aos homes o dereito de voto. Ás mulleres non se lles recoñecería ata 1931.
    • Estabelece a división de poderes cun Parlamento unicameral (Cortes) e un Rei con amplas facultades que perde, porén, a súa anterior condición de fonte de todo poder.

    O Parlamento español tivo só unha cámara durante a súa vixencia e a da Constitución de 1931.

  • Entre 1834 e 1923 o Parlamento español tivo dúas cámaras (Parlamento bicameral)
    • O Estatuto Real de 1834 contempla por primeira vez en España dúas Cámaras: o “Estamento de Próceres” (Cámara Alta) e o “Estamento de Procuradores” (Cámara Baixa).
    • A partir da Constitución de 1837, a Cámara Alta pasa a denominarse Senado e mantén esta denominación nas Constitucións de 1845, 1869 e 1876.
    • A composición do Senado durante o século XIX dependía do nacemento ou do nomeamento polo Rei entre a aristocracia e personalidades da administración, da igrexa, do exército e entre quen tivese as rendas máis altas.
    • Ao longo do século XIX foron variando os criterios á hora de decidir onde residía a soberanía e que poderes correspondían a cada institución (Rei, Parlamento, Goberno...).
  • A vixente Constitución de 1978 proclama que a soberanía nacional reside no pobo español do que emanan os poderes do Estado.

    España é un Estado social e democrático de dereito:

    • É social porque os poderes públicos actúan tratando de conseguir unha sociedade máis xusta.
    • É democrático porque os cidadáns participan elixindo os seus representantes, e
    • é un Estado de dereito porque as leis obrigan a todos e o seu cumprimento está garantido polos Tribunais

    Os valores superiores son a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.

  • A vixente Constitución de 1978 divídese en dúas partes:
    • dereitos e deberes fundamentais
    • a organización do poder.

    Vexamos cales son as institucións máis importantes do sistema político español.

    O Rei

    É o xefe do Estado. Como na maioría das monarquías parlamentarias, a súa función representativa é moi importante, pero non goberna.

    O Rei
    O Parlamento (tamén chamado Cortes Xerais), está integrado polo Congreso dos Deputados e o Senado.

    Representa ao pobo español, exerce a potestade lexislativa do Estado, aproba os seus orzamentos e controla a acción do Goberno. O Congreso dos Deputados elixe ao Presidente do Goberno.

    O Parlamento (tamén chamado Cortes Xerais), está integrado polo Congreso dos Deputados e o Senado.
    O Goberno

    Componse do Presidente, Vicepresidentes e Ministros.
    Antes de converterse en Presidente do Goberno, o candidato proposto polo Rei debe obter a confianza do Congreso dos Deputados. Unha vez conseguiu o apoio da maioría absoluta dos seus membros, o Rei nomearao Presidente. Só daquela nomeará aos seus Vicepresidentes e Ministros.
    O Goberno dirixe a política interior e exterior, a administración e a defensa.
    Debe actuar sempre con sometemento á Constitución e ás leis.

    O Goberno
    Os Xulgados e Tribunais

    Administran a xustiza, xulgando e facendo executar o xulgado.
    Os Xuíces e Maxistrados son independentes e están sometidos unicamente ao imperio da lei.
    Para garantir que todos os poderes públicos respectan a Constitución, existe un Tribunal Constitucional

    Os Xulgados e Tribunais