Que é e que fai

Descubre todo o que se decide no Senado

  • O SENADO forma parte das CORTES XERAIS (PARLAMENTO)

    Composición:

    CONGRESO:
    De 300 a 400 deputados elixidos polos cidadáns por sufraxio universal.

    SENADO:
    Senadores elixidos polos cidadáns (208):
    4 Senadores por provincia
    + 3 Senadores por illa maior
    + 1 Senador por illa menor ou agrupación
    + 2 Senadores por Ceuta e 2 Senadores por Melilla

    Senadores designados polos Parlamentos autonómicos (58):
    1 Senador por cada Comunidade Autónoma
    + 1 Senador máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio.

  • As funcións máis importantes do Senado son:

    • Aprobar as LEIS, xunto co Congreso dos Deputados..

    • Aprobar os Orzamentos Xerais do Estado.

    • CONTROLAR A ACCIÓN DO GOBERNO.

  • O Senado controla a acción do goberno a través de PREGUNTAS e INTERPELACIÓNS que os parlamentarios lle fan ao Presidente e aos Ministros.

    Ademais, a través das MOCIÓNS, instan ao Goberno a orientar a súa política nunha determinada liña.

  • O Senado colabora co Congreso dos Deputados na elaboración e aprobación das leis que todos temos que cumprir.

    Se queres saber como se tramita unha lei no Senado, acompaña a un Senador un día de traballo.