Senadores

Descubre como se elixe un Senador

  • Actualmente somos 266 SENADORES.

    Queres saber como nos nomean?

  • Dos 266 Senadores, 208 son ELIXIDOS directamente polos cidadáns.

    • En cada provincia elíxense 4 Senadores por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.
    • Nas provincias insulares, elixen 3 Senadores cada unha das illas maiores (Gran Canaria, Mallorca e Tenerife) e 1 Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura, Gomera, Hierro, Lanzarote e La Palma.
    • As poboacións de Ceuta e Melilla elixen cada unha delas 2 Senadores.

    Pero, ademais ...

  • Dos 266 Senadores, 58 son nomeados polos Parlamentos das Comunidades Autónomas.

    Cada Parlamento autonómico DESIGNA 1 Senador e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio.

  • Cantos anos hai que ter como mínimo para ser Senador? E para VOTAR?

    Para votar e para ser Senador hai que ter como mínimo 18 anos.

    Sabes cada canto tempo se elixen?

    Os Senadores son elixidos para 4 anos. Normalmente esta é a duración do MANDATO, que pode verse reducido se o Goberno disolve anticipadamente as Cámaras e convoca ELECCIÓNS.