Un día no Senado

Acompaña a un Senador un día de traballo

  • Ola, acabo de ser elixido SENADOR pola miña provincia e pertenzo a un partido político.

    Queres saber cal é o meu traballo no SENADO? Acompáñame.

  • Agora teño unha reunión con outros Senadores para estudar unha LEI.

    Queres vir á COMISIÓN?

  • Na Comisión, ademais de explicar a nosa opinión sobre a lei (se nos gusta ou non), tamén a modificamos a través de EMENDAS, e votamos.

    Pero aínda falta a reunión máis importante...!

  • Aquí, no HEMICICLO, reunímonos tódolos Senadores en SESIÓN PLENARIA para explicar o que acordamos antes e ver se se pode mellorar. E ganan os que conseguen máis votos.

    Pero isto non é todo!

  • As reunións remataron, pero antes de ir cear aínda teño que enviarlle unhas preguntas ao GOBERNO para que me explique que está a facer na vila na que vivo, E contestarlles aos cidadáns que me escribiron a través da páxina web.