Vocabulario

Comisión
Grupo de traballo integrado por Senadores especializados nunha materia, que se encarga de debater, controlar o Goberno e participar na elaboración das leis. Neste órgano están representados tódolos Grupos Parlamentarios.
Congreso dos Deputados
Forma parte das Cortes Xerais xunto co Senado. O Congreso, tamén chamado Cámara Baixa, componse dun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Ademais participa na elaboración das leis do Estado, aproba os seus orzamentos, controla a acción do Goberno, elixe o Presidente do Goberno e pode retirarlle a súa confianza.
Control ao Goberno
O Senado pode obter información do Goberno, someter a exame a súa actuación e pedirlle que actúe nunha determinada liña. A forma máis habitual de controlar o Goberno é a través das preguntas que fan os Senadores.
Cortes Xerais
Nome que recibe o Parlamento español, do que forman parte o Congreso dos Deputados e o Senado. As Cortes Xerais representan o pobo español, exercen a potestade lexislativa do Estado, aproban os seus orzamentos e controlan a acción do Goberno.
Eleccións
Proceso usado nos sistemas democráticos que lles permite aos cidadáns elixir os seus representantes mediante votacións. Poden votar e poden ser elixidos os maiores de 18 anos.
Emenda
Proposta de modificación dunha lei que se está debatendo nunha Comisión ou no Pleno. Hai dous tipos de emendas: as de totalidade, que discuten a oportunidade do texto no seu conxunto, e as emendas parciais ou ao articulado, que modifican partes concretas do texto. As emendas deben votarse e se resultan aprobadas o seu contido incorpórase ao texto.
Goberno
Órgano que dirixe a política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e as leis. O Presidente do Goberno debe obter a confianza do Congreso dos Deputados. Unha vez que obtivo a confianza, nomea os Vicepresidentes e Ministros.
Hemiciclo
Sala onde se celebran as sesións plenarias do Senado, nas que cada Senador ocupa un escano. Ten forma de semicírculo, de aí o seu nome. Na primeira fila está situado o banco azul, no que sentan os membros do Goberno.
Lei
É a norma por excelencia, pois na súa elaboración e aprobación interveñen os representantes elixidos polos cidadáns. O seu único límite é o respecto á Constitución. As leis obrigan a tódolos cidadáns e a tódolos poderes públicos.
Mandato
Prazo de tempo para o que é elixido un Senador. O normal é que sexan catro anos, aínda que é posible que a duración do mandato sexa menor se se produce unha disolución anticipada.
Parlamento
En España recibe o nome de Cortes Xerais, das que forman parte o Congreso dos Deputados e o Senado. As Cortes Xerais representan ao pobo español, exercen a potestade lexislativa do Estado, aproban os seus orzamentos e controlan a acción do Goberno.
Presidente do Senado
É a autoridade suprema do Senado, ostenta a representación do mesmo, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe e mantén a orde do debate e aplica as medidas de disciplina parlamentaria. É elixido na sesión constitutiva da Cámara polo voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.
Senado
Forma parte das Cortes Xerais xunto co Congreso dos Deputados. O Senado é tamén chamado Cámara Alta ou Cámara de representación territorial. De maneira semellante ao Congreso, exerce as funcións que a Constitución asigna ás Cortes Xerais: participa na elaboración das leis do Estado, aproba os seus orzamentos e controla a acción do Goberno.
Senador
Persoa que forma parte do Senado. O Senado conta con dous tipos de membros cos mesmos dereitos e prerrogativas: Senadores de elección directa polos cidadáns mediante un sistema maioritario e Senadores designados polos Parlamentos autonómicos. Todos estes, independentemente da súa forma de elección, representan a totalidade da Nación Española.
Sesión plenaria / Pleno
Reunión formal do Pleno, á que están convocados tódolos Senadores.
Votación
Expresión da vontade ou da preferencia ante una opción. Os cidadáns ao votar elixen entre distintos candidatos aos seus representantes. Os Senadores ao votar manifestan o seu parecer e contribúen á adopción de decisións. Existen formas moi diversas do voto (por papeletas, levantando a man, electrónico…), poden expresarse cousas moi diferentes (a favor dunha iniciativa, en contra, absterse, elixir un candidato a un cargo…) e poden esixirse maiorías diversas para adoptar decisións (maioría simple, maioría absoluta, maioría reforzada...)