Como funciona
Descubre quen é quen no Senado
-
O PRESIDENTE é a principal autoridade da Cámara e é elixido polos seus membros na primeira sesión plenaria que se celebra despois das ELECCIÓNS (SESIÓN CONSTITUTIVA).
-
Para organizar o traballo ao Presidente do Senado axúdanlle outros Senadores.
A MESA DO SENADO é o órgano reitor da Cámara. Fórmana o Presidente, dous Vicepresidentes e catro Secretarios.
A XUNTA DE PORTAVOCES está integrada polo Presidente do Senado e polos Portavoces dos GRUPOS PARLAMENTARIOS existentes en cada momento. É escoitada sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento da Cámara.
-
Os Senadores reunímonos en pequenos grupos para falar e decidir sobre unha materia concreta. A estes grupos chamámoslles COMISIÓNS.
Como se chama a reunión de tódolos Senadores?
-
SESIÓN PLENARIA!
Á reunión de todos os Senadores no HEMICICLO chamámoslle SESIÓN PLENARIA ou PLENO. Aquí decidimos os asuntos máis importantes.
E que pasa nas épocas do ano nas que
non está prevista a celebración de sesións plenarias ou cando se disolve o Senado? -
Cando o GOBERNO decretou a DISOLUCIÓN do Senado, entra en funcionamento a DEPUTACIÓN PERMANENTE.
A Deputación Permanente tamén actúa entre PERIODOS DE SESIÓNS, podendo solicitar que se celebre sesión extraordinaria do Pleno.
Está presidida polo Presidente do Senado e integrada por un mínimo de 21 membros designados polos Grupos parlamentarios. Correspóndelle velar polos poderes da Cámara cando esta non está reunida.